Medallas Pro Ecclesia Diocesana 2025

Noticias

No día de hoxe deuse a coñecer o fallo das candidaturas das Medallas Pro Ecclesia Diocesana 2025, alegrámonos porque o xurado decidiu que se lle otorgase a unha parroquia da nosa UaP, como agradecemento pola labor levada a cabo durante a vaga de incendios deste verán para impedir que ardese o templo parroquial , e a unha Axente Pastoral da Nosa UaP. Este é o fallo do xurado:

Parroquia Santa Mariña de Retorta. Durante o pasado mes de agosto distintas zonas da Diocese sufriron unha vaga de lumes. O domingo 17 a Igrexa parroquial de Retorta (Laza) estivo ameazada por un incendio. Ante a escaseza de medios para apagar o lume, os veciños de Retorta non dubidaron en saír con urxencia cos seus tractores con remolques cisterna, con palas e outros medios.

Afortunadamente os medios oficiais chegaron a tempo para impedir o fatal desenlace, pero os veciños desta freguesía estiveron atentos e dispoñibles para salvagardar o seu templo, que coidan habitualmente tamén con esmero. Horas máis tarde o lume achegouse aos seus fogares e nesa ocasión si tiveron que empregarse a fondo para que non arderan vivendas. Este recoñecemento, outorgado a esta candidatura concreta que foi presentada para as Medallas Pro Ecclesia, faise extensivo tamén ós fregueses de tantas parroquias que sufriron as dolorosas consecuencias dos incendios deste verán en Ourense.


Rosa María Carrasco Araújo
, natural de Nocedo do Val, ademais de polo seu servizo discreto e axuda desinteresada no ámbito parroquial en Verín, como catequista de mozos confirmandos entre outras moitas tarefas, pola súa colaboración con actividades diocesanas coma o campamento de verán en Porto do Son, no que exerceu como  monitora, preocupándose do resto de monitores e voluntarios do campamento. Por adicar o seu tempo e esforzo aos demáis por amor á Igrexa, sempre cun sorriso.

Tags:

No responses yet

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *